domingo, 13 de marzo de 2011

Quen puidera namorala. Alvaro Cunqueiro

No niño novo do vento
hai unha pomba dourada
Quen puidera namorala
quen puidera namorala
meu amigo

Canta o luar e o amencer
en frauta de verde olivo
Quen puidera namorala
quen puidera namorala
meu amigo

Ten às de flor recente
cousas de recèn casada
Quen puidera namorala
quen puidera namorala
meu amigo

Tamèn ten sombra de sombra
e andar de primeiro rio
Quen puidera namorala
quen puidera namorala
meu amigo

2 comentarios:

  1. http://www.youtube.com/watch?v=QO0_cX1YUHo&feature=related

    Otro Cunqueiro enamorado, en la voz de Amancio Prada. Un beso.

    ResponderEliminar